Live at SONS CREATIVOS

2 – 5 DE MAIO / 2019
CASA DO SABER  
​LUGO

Os 11º Sons Creativos traen de novo á vida cultural de Lugo un aspecto da música pouco habitual na programación: o mundo da música electroacústica e da arte sonora, baixo a dirección de Inmaculada Cárdenas, e contando coa colaboración, como codirector, do artista sonoro e compositor Xoán-Xil López.​

As propostas electroacústicas e de arte sonora deberían de ampliar a súa marxe de difusión e a Área de Cultura da USC a través desta plataforma quere colaborar a que isto sexa unha realidade. Continuando coa liña marcada nas pasadas edicións, estes SONS CREATIVOS proxéctanse co obxectivo de impulsar o diálogo entre propostas da escena local e internacional e a colaboración con outras institucións (universidades, fundacións, etc.) que dedican un importante esforzo ao apoio da creación sonora contemporánea.

Nesta ocasión contaremos coa presenza dos artistas e compositores ATILIO DORESTE, DAVID STEVENS, MATEO MENA, RAMÓN SOUTO, SIMON DESORGHER e SUSAN DRONE. Ademais INMACULADA CÁRDENAS, EFRAIM DÍAZ e MÓNICA ÁLVAREZ, membros do GCSUS, presentaran algúns dos seus recentes traballos.

Este ano tamén contamos coa inestimable colaboración da AMEE (Asociación de Música Electroacústica de España), a través dunha dobre convocatoria de concertos, e da Universidade Politécnica de Valencia, un centro de referencia cunha ampla traxectoria tanto na creación como na educación arredor da arte sonora. Miguel Molina preparou unha selección de traballos tanto individuais como colectivos que amosan a amplitude dos postulados cos que se pode enfocar este ámbito artístico.

http://sonscreativos.weebly.com/concertos1.html

Posted In